Arnoia, Arnoia.Manuel Isidro

De Wiki Aller

Revisión feita o 27 de marzo de 2012 ás 06:59 por Manuel Isidro (Conversa | contribucións)

``Arnoia, Arnoia´´ é un libro de Xosé Luís Mendez Ferrín, publicado por primeira vez en 1985 pola editorial Xerais. Publicáronse sete edicións,as derradeiras catro foron publicadas na colección ´´Fóra de Xogo´´,libro dedicado a Oriana, Roi e Cristal.

AUTOR

Xosé Luís Méndez Ferrín, naceu na cidade de Orense o día 7 de agosto de 1938. Doutor en filoloxía, catedrático de literatura no instituto Santa Irene de Vigo,Director da revista ``A trave de ouro´´, membro do grupo literario nacionalista ``Brais Pinto´´. Deuse a coñecer como poeta co libro ``Voce na néboa´´ e como narrador con ``Arrabaldo do norte´´. X.L.Méndez Ferrín é ampliamente recoñecido coma un dos escritores máis importantes da literatura galega contenporánea, e mesmo no ano 1999, Méndez Ferrín foi seleccionado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, a petición da Academia Sueca, como candidato da literatura galega ao Premio Nobel. Dende o 30 de Setembro do 2000 é membro da Real Academia Galega, da cal é presidente dende Xaneiro do 2010.

LIBRO

En Arnoia, Arnoia fálasenos da viaxe de Nmógadah, un dos Principes Segredos das terras de Arnoia que é forzado ao exilio polo pobo dos ´´Veciños´´ tribu invasora da súa terra e asasinos da Mai Loretta. No seu exilio dan comezo as aventuras.

  • Capítulo 1, O libredón: Nmógadah é apresado polos policías ``Montaos´´ que estes lévano ata unha pousada en Armenia( Armenia situase preto das Portas de Ulfe e dos antigos territorios de Tagen Ata). Alí encérrano nunha cabalariza xunto cun castrón chamado Mestre Lionel, que ten a facultade ou poder de comunicarse mentalmente. Ambos fuxen da prisión grazas o Libredón de Nmógadah, que é unha marca que ten na súa man, con forma de estrela que cumpre os desexos deste
  • Capítulo 2, O enigma de Hannak Oberzen: Trala fuxida da prisión,Nmógadah e Mestre Lionel topanse cun castelo, este é o castelo dos Leabertkolm, unha raza de xigantes. Son levados ata o seu líder, Hannak Oberzen que os retén e que a unica forma para poder marchar é solucionar unha adiviña. Hannak Oberzen enfurecese xa que Nmógadah, un Principe Segredo de dezaseis anos soluciona a adiviña. O líder enfurecido descarga a súa ira cargando sobre eles a súa ollada de lume, poder co cal conseguiu o trono. Pero Mestre Lionel engana os Leabertkolm e conseguen fuxir do castelo
  • Capítulo 3, Milmanda, a espada: Tras fuxir do castelo, adéntranse na selva de Brocelandia, onde atopanse cun cabaleiro fillo dun deus vello, de nome Grutaganka, que lle indica onde se atopa a espada máxica Milmanda. Esta está dentro dunha fontana presidida pola estatua de alabastro branco dunha doncela da que Nmógadah enamorase. O día seguinte proseguen a súa marcha polo bosque mais son presos dunha trampa.
  • Capítulo 4, Ronaldo Macsen: A trampa na cal caéron era pertenza dos Grou, unha tribo de mineiros que andan na búsqueda da Trabe de Ouro dos Profundos. Desarmados e separados, Nmógadah é obrigado a traballar coma outros presos de mineiro, e na búsqueda da Trabe de Ouro dos Profundos. Grazas a comunicación mental de Mestre Lionel, Namógadah coñece a Ronaldo Macsen, outro preso dos Grou, que encabeza un grupo de escravos que intentan fuxir da mina, finalmente conségueno grazas a axuda de Nmógadah e remata o capitulo fuxindo outra vez coas súas armas.
  • Capítulo 5, As palabras retorneadas: Despóis de fuxir das minas dos Grou, conséguen incluirse nunha caravana dos Outigulam que se dirixe cara Occidente, Ngmógadah dirixiase a Lee Poeirento en percura da tenda de Brandaberis. Nunha parada, o ex-oficial Brandaberis, dille a Nmógadah as Oito Palabras Retorneadas que non debe esquecer.
  • Capítulo 6, La burla negra: Nmógadah e máis Mestre Lionel abandonan a caravana dos Outigulam ó chegar a Fisterra, lugar onde conseguen unha embarcación para retornar á Casa Pequena (terra natal de Nmógadah), no país de Arnoia. No Calurnia Abana (cliper de tres paus armado por Nmógadah cos cartos que lle deixara a Mai Loretta), viaxarán con Nmógadah e o Mestre lionel, o capitán Grandaux o oficial Amadou e o que será o seu contramestre Xamirás Kaebr, Nmógadah decátase de que a dondela que había na fonte onde estaba a espada Milamanda, era a filla morta do capitán Grandaux. Entón o primeiro oficial Amadou arma un motín, mata o capitán cambialle o nome o barco polo de ``Burla Negra´´ e expulsa a Nmógadah, Mestre Lionel e máis o contramestre Xamirás Kaebr nun bote.
  • Capítulo 7,Poder de damas mortas: Nmógadah desperta e,el, Mestre Lionel e máis Xamirás Kaerbr estan suxeitos por Lira Mascato, unha aguia xigante. Esta levaos o pazo de cristal das damas mortas de Fnechrinn, chamado Francastel. Alí atopabase Calpurnia Abana, a filla do capitan Grandaux. Esta droga a Nmógadah coa flor Chunnilain, mentres que Xamirás Kaebr e Mestre Lionel foxen de alí sabendo de extraño pasa. Estes van á Serra da Boa Esperanza, terra dos Hirr Henn Ys, que lles confirman ó Mestre Lionel e a Xamirás Kaerbr que Nmógadah encóntrase nunha trampa das Damas mortas de Finechrinn, pero teñen a solución, estes podeno salvar grazas ós seus préxegos cos cales fabrican as ``Bolas Escarlatas´´ , que anulan o efecto das Chunilain, e de feito estés utilizan ditas bolas para repeler as doncelas Finechrinn. Finalmente as damas Finechrinn e Lira Mascato entran nunha guerra contra os Hirr henn Ys. Na que salvan a Nmógadah e conseguen derrotar a todas as Damas Finechrinn e a Lira Mascato.
  • Capítulo 8,As camelias do regreso: Tras a victoria fronte as Damas mortas de Finechrim, Nmógadah, Mestre Lionel e máis Xamirás Kaerbr despidense. Cada un colle unha Camelia do Regreso, que os levará a cada un o seu respectivo destino.Pero cando Nmógadah colle a súa pensando que voltará a Casa Pequena do país de Arnoia, equivócase, aparece en fronte o espello do armario do seu cuarto, nunca había viaxado, a espada Milamanda e máis o Libredrón foran apagandose ata desaparecer por completo, Nmógadah deixaba de ser un Principe Secreto ao igual que os mociños que cumpren dezasete anos.

Na miña opinión,esta obra reflicte o drama da emigración galega cara as Americas, motivada pola situación politica. cousa que pode apreciarse pola situación na cal viviu Méndez Ferrín, que naceu nos anos centrais da Guerra Civil Española. Tamén reflicte o feito de facerse maior ou maduración interior. O que máis gustoume deste libro foi o significado connotativo que transmitiume, e o que menos foi esa extensión para contar unha cousa, dando moitos datos que son inecesarios, xa que non se repiten o longo da narración.

Ferramentas persoais