Como citar unha obra
De Wiki Aller
Cando elaboramos un traballo do tipo que sexa, necesitamos obter informacións, modelos, exemplos ou outro tipo de datos. Estes podemos extraelos de varias fontes: libros, artigos de revistas, enciclopedias, internet, películas, documentais, xornais, cancións,… Con todo isto ben organizado, presentamos o traballo.
En toda obra ben feita cómpre que citemos esas fontes das que sacamos os datos: unha por recoñecemento ao labor dos demais e outra porque, deste xeito, quen reciba o noso traballo poderá comprobar el mesmo a veracidade dos datos que achegamos: isto é o que chamamos unha bibliografía.
Como se elabora? En xeral, hai unha serie de datos comúns: o autor, o título, o ano de publicación, etc. Con esta información, o interesado ha poder localizar facilmente a obra en cuestión e o lugar de orixe dos nosos datos.
Imos ver como podemos citar os distintos formatos:
Índice |
Citación segundo formato
Libros e banda deseñada
Un só autor:
MODELO EXEMPLO APELIDO APELIDO, Nome (ano): Título do libro. Editorial. Lugar de Edición MÉNDEZ FERRÍN, Xosé Luís (1987): Bretaña, Esmeraldina Xerais. Vigo.
Se hai dous autores:
MODELO EXEMPLO APELIDO APELIDO, Nome & APELIDO APELIDO, Nome (ano): Título do libro. Editorial. Lugar de Edición GOSCINNY, René & UDERZO, Albert (1992): Astérix: O combate dos xefes. Grijalbo-Dargaud. Barcelona
Se hai tres ou máis autores: ...
MODELO EXEMPLO APELIDO APELIDO, Nome (et al.) (ano):Título do libro. Editorial. Lugar de Edición VILLAR LIÉBANA, Francisco (et al.) (2001): El cuarto bronce de Botorrita (Contrebia Belaisca): Arqueología y lingüística. Ediciones Universidad de Salamanca. Salamanca.
- et al. é a sigla da locución latina et alii, que significa e outros.
Se é parte dun volume colectivo:
MODELO EXEMPLO APELIDO APELIDO, Nome (ano):Título do artigo en APELIDO APELIDO, Nome (ed): Título do volume. Editorial. Lugar de Edición. pp. XX-YY PÉREZ FERREIRO, André (1992): O mundo da impresión. en MÉNDEZ CARREIRO, Pedro (ed.): O libro. Tusquets. Barcelona. pp. 336-395.
- ed. correspóndese co editor da obra, tamén pode aparecer Coord., é dicir, Coordinador.
Artigo de revista
MODELO EXEMPLO APELIDO APELIDO, Nome (ano): "Título do artigo". Nome da Revista. Número da revista. pp. XX-YY FERREIRO GONZÁLEZ, Antón (2008): "A arte de escribir libros". Verba. XXXI. pp. 6-27
Se hai dous ou máis autores
- Trátanse como vimos no apartado Libros e Banda Deseñada.
Enciclopedia
MODELO EXEMPLO NOME DA ENCICLOPEDIA: s.u. XXXX ENCICLOPEDIA GALEGA UNIVERSAL: s.u. clima
- s.u. é a abreviatura da expresión latina sub uoce, que significaría máis ou menos na palabra...
Xornal
Se non está asinado:
MODELO EXEMPLO NOME DO XORNAL (Data): nº XXX p. YY LA VOZ DE GALICIA (23-II-2005): nº 658 p. 35
Se está asinado:
MODELO EXEMPLO APELIDO APELIDO, Nome (Ano): Nome do xornal (Data) nº XXX p. YY FERREIRO GONZÁLEZ, Antón (2005): La Voz de Galicia (23-II-2005): nº 658 p. 35
Internet
MODELO EXEMPLO NOME DA PÁXINA WEB. Enderezo electrónico. [Consultado o XX-XX-XXXX] IKEA. http://www.ikea.com/es/es/preindex.html. [Consultado o 20-I-2011]
Artigos dunha Wikipedia.
- Para citarmos un artigo da Wikipedia cómpre que teñamos en conta que hai moitas versións desta enciclopedia, polo que debemos especificar en cal delas obtivemos os datos; para o facer, fixémonos no seu enderezo web e vexamos que antes da palabra wikipedia aparecen unhas letras (normalmente dúas) que a identifican. Por exemplo, a versión galega (a Galipedia) ten gl.
MODELO EXEMPLO XX.wikipedia. s.u. XX. [Consultado o XX-XX-XXXX] gl.wikipedia. s.u. Hititas. [Consultado o 20-I-2011]
Películas e documentais
MODELO EXEMPLO APELIDO APELIDO, Nome (ano): Título. Editorial. Lugar de publicación. (formato) WEDGE, John Christopher (2002): Ice age. Twentieth Century Fox Entertainment. Madrid (DVD).
Música
Música clásica
MODELO EXEMPLO APELIDO APELIDO, Nome (ano): Título. BEETHOVEN, Ludwig van (1800): Sonata para piano e trompa en fa maior, opus 17.
Outras
MODELO EXEMPLO EXECUTANTE (ano): Canción (álbum). Discográfica MUSE (2003): Hysteria (Absolution). Taste Music Limited.
Artes Plásticas
MODELO EXEMPLO OBRA (ano): Autor. Lugar onde se atopa. (tipo de obra) LAS MENINAS (1656): Velázquez, Diego. Museo del Prado. (cadro)
Fotos
Referencias
- ARIAS LÓPEZ, Valentín (1989): ¿Como se fai nun libro?. Consellería de Cultura e Deportes. Xunta de Galicia.
Ligazóns externas
Guía para a confección dunha bibliografía feita polo equipo da Biblioteca do IES Poeta Añón de Outes (A Coruña). Ten algunhas erratas.