Non agardei por ninguén.Jesús Mouriño

De Wiki Aller

Revisión feita o 23 de xuño de 2012 ás 18:38 por Jesús Mouriño (Conversa | contribucións)

O libro "Non agardei por ninguén", pertencente a autoría de Ramón de Valenzuela, conta dun xeito autobiográfico as vivencias de Gonzalo Ozores, un republicano galeguista durante o levantamento militar en Galicia que ten que fuxír da represión con compañeiros do seu ideal ata chegar o bando republicano. Ten que pasar por moitas dificultades, como alistarse no exército franquista onde atopa xente cos seus mesmos ideais, alí traballará as ordes xuíz, despois consegue ir á fronte deixando a súa moza cando esta se decata de que non comparte a mesma ideoloxía, unha vez chega á fronte, xunto cun grupo de catro homes cos mesmos ideais ca el, cruzan as trincheiras ata chegar o bando republicano,o final do texto manda un telegrama para avisar da súa chegada coa frase: "Chamei por todos, non agardei por ninguén" que resume toda a historia e da título a novela. Durante toda a novela nos conta como estaba Galicia e algunhas zonas do norte durante a Guerra Civil, a represión sufrida polos que non tiñan o mesmo ideal, a vida dos fuxidos, o misterio por quen sería o gañador da guerra... Contado dende o punto de vista republicano co que destapa os poucos argumentos cos que se pode defender o franquismo. (Corrixe o que está en negriña)