A praia dos afogados.Paula Montoto
De Wiki Aller
A praio dos afogados é unha novela negra de Domingo Villar.
Resumo
Leo Caldas, un inspector de policía, e o seu axudante, Rafael Estévez foron avisados de que aparecera un corpo dun home na praia. Ao principio, pensaron que se trataba dun suicidio, pero logo déronse conta de que en realidade fora un asasinato. Investigaron moito e, pouco a pouco, chegaron á conclusión de que este asasinato tiña relación co naufraxio dun barco, que sucedera moitos anos antes. Nese naufraxio morrera o capitán do barco e sobreviviran os tres tripulantes, que despois disto no volveron a manter ningunha relación entre eles. O cadáver atopado na praia pertencía a un dos tripulantes. Ao final, logran atrapar ao acusado e a saber por qué matara a Xusto Castelo e todo o que pasara aquela noite do naufraxio.
Leo tamén traballa nun programa da radio, chamado "Patrulla nas ondas" e, sempre que podía, ía visitat ao seu tío que estaba moi grave no hospital.