A forma das nubes.Andrea Rodríguez

De Wiki Aller

Revisión feita o 16 de xuño de 2013 ás 10:38 por Paio (Conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Autora:María López Sández.

Texto expositivo:

É esta unha novela de autoría de María López Sández, chamada “A forma das nubes”. Nela, cóntasenos a historia dunha rapaza que, xunto á súa familia, embarca nun cruceiro co obxectivo de pasar as vacacións. Neste barco, atópase con algo que a sorprende: a súa actriz favorita vai rodar unha película nas instalacións do cruceiro. Para esta película necesitábase a unha rapaza para gravar unha escena e, con sorte, a protagonista consegue pasar a proba e facerse co papel. Tras esta experiencia, a rapaza cambia a súa concepción de “amor”. Á parte, amósasenos a difícil situación amorosa que sofre a protagonista ao longo do tempo, pero, finalmente, esta acaba por ter unha filla e por ilusionarse cun home que ao final a abandona, deixándoa que se mergulle de novo na amargura. Entres estes sucesos, a personaxe sofre a tráxica morte dun grande apoio, a súa nai, devorada por uns cans.


Texto argumentativo:

"A forma das nubes" é un libro que é difícil que guste porque é unha das poucas novelas que non che transmite nada. O feito de que se deixen aspectos sen resolver como o por que da morte da nai ou a identidade do home que se deita coa actriz, xunto co feito de que se mesturen etapas diferentes da vida da protagonista, fan deste un relato que non goza de moito sentido. A autora debera estruturar o libro doutra maneira, organizando por orde os diferentes sucesos sen saltar dun a outro e deixando, quizais, as cousas un pouco máis claras. Hai outros momentos como por exemplo aquel no que a rapaza cambia a súa concepción de “amor”, ou o momento do aborto, que tampouco chama moito a atención e incluso se pode dicir que, en parte, tristeiros. Finalmente, o feito de que a protagonista non conseguise ter unha relación seria cun home, marca un final un pouco “pobre”.

Ferramentas persoais