As termas
De Wiki Aller
Índice |
Partes
As estancias eran similares todas elas, constaban de:
•Palestra: Patio central o que se abrían todas as demais estancias e no que se podían practicar exercicios físicos.
•Tabernae: Tendas adosadas as salas de baños onde se vendían bebidas e comida, que os vendedores pregoaban a grandes voces entre os bañistas.
•Caldarium: Baño de auga quente, o alveus. Era a habitación máis luminosa e adornada. Nas grandes termas había incluso piscinas onde se podía nadar. E nas máis pequenas, o baño tomábase en bañeira ou depósitos de auga quente chamada labra.
•Frigidarium: Era a sala destinada os baños de auga fría. Nas grandes termas el frigidarium estaba descuberto e incluía entre as súas instalacións unha gran piscina onde poder practicar la natación (Natatio).
•Tepidarium: Habitación de temperatura tibia que preparaba o bañista para a de auga quente.
•Apodyterium: Vestiarios. Habitación próxima o pórtico da entrada onde os bañistas deixaban as súas roupas. Había un banco corrido e na parede unhas taquillas sen portas, onde se depositaban as roupas e os obxectos persoais, que quedaban vixiados por un escravo.
•Laconicum: Baño de vapor.
Funcionamento
Os recursos hidráulicos eran traídos mediante a rede de acueductos que toda cidade romana tiña, aínda cando el punto de captación da auga estivera lonxe do núcleo urbano. O interior das estancias e as piscinas de auga quente o sistema estaba baseado na distribución mediante túneles e tubos de auga quente e vapor que se estendían por debaixo do das estancias e piscinas e eran alimentados por unha serie de fornos que se atopaban nos sotos, a carón do caldarium. Moitas outras estaban baseadas en manantiais de augas termais que en moitos casos tiñan compoñentes medicinais.
Uso
As termas son recintos públicos destinado a baños típicos da civilización romana, con estancias reservadas para actividades ximnásticas e lúdicas así como lugares de reunións para os pobres como eran os plebeos e os escravos.
Son numerosas as prácticas relixiosa e sociais que dende a antigüidade tiveron como acto principal o baño asociado a limpeza de corpo e de alma e purificación.
A función social, e incluso medicinal dos baños e termas mantivéronse. Na civilización romana as termas eran servicios fundamentais. As termas públicas romanas respondían a unha función social e política. Foron lugares ideais par conversacións relaxadas así como propios para as relacións sociais. Coidábase o ambiente con unha delicada decoración onde non se aforraba en medios, enchendo as estancias de marabillosas estatuas e mosaicos.
