María Lado
De Wiki Aller
María Lado é unha poeta galega nada en Cee o 14 de abril de 1979. É titulada en Produción Audiovisual e licenciada en Filoloxía Galega.
Traxectoria
Comezou a escribir no núcleo do Batallón Literario da Costa da Morte, onde publicou os seus primeiros textos en tres libros colectivos, Nós, Mar por medio e Rumbo ás illas.Ten participado en máis volumes colectivos e antoloxías poéticas, e colaborado tamén en prensa co xornal dixital Vieiros, coa revista Dorna e coa revista portuguesa Comentário, entre outras; así coma en diversas publicacións galegas e peninsulares. É muller de humildade asombrosa e de extraordinacapacidade poética e recitadora. O seu primeiro libro A primeira visión(1997) é publicado en Letras, editorial orixinario dun feixe de poetas dos noventa onde publicarán moitos deles. Sequirá con Casa Atlática Casa CAbaret (2001) e con Berlín(2005).
Ademais de poeta é narradora. Varios dos seus relatos pódense atopar en revistas e colaboracións, coma no volumen Narradoras, editadp po Xerais no 2000. Tamén se dedica ao teatro e realiza traballos profesionais como actriz. Traslada aos seus poemas un imaxinario do femenino no que se reivindica ademais figuras habitualmente marxinalizadas na sociedade como as bruxas, as prostitutas, as lesbianas, etc.. Unha sensibilidade e visión do mundo novas (soliradariedade, comuñón coa natureza, tenrura, afán de liberdade, erotismo); unha linguaxe sexualizada a unha propositada reconstrucción e relectura dos mitos e metáforas tradicionais da cultura androcéntrica.