Como citar unha obra
De Wiki Aller
Cando elaboramos un traballo do tipo que sexa imos necesitar obter informacións, modelos,, exemplos ou outro tipo de datos. Estes podemos extraelos de varias fontes: libros, artigos de revistas, enciclopedias, internet, películas, documentais, xornais, cancións,… Con todo isto ben organizado presentamos o traballo.
En toda obra ben feita cómpre que citemos esas fontes das que sacamos os datos: unha por recoñecemento ao labor dos demais e outra porque, deste xeito, quen reciba o noso traballo poderá comprobar el mesmo a veracidade dos datos que aportamos: isto é o que chamamos unha bibliografía.
Como se elabora? En xeral, hai unha serie de datos comúns: o autor, o título, o ano de publicación, … con esta información, o interesado ha poder localizar facilmente a obra en cuestión e o lugar de orixe dos nosos datos.
Imos ver como podemos citar os distintos formatos:
Índice |
Libros e banda deseñada
- APELIDO APELIDO, Nome (ano): Título do libro. Editorial. Lugar de Edición.
FERREIRO GONZÁLEZ, Antón (2008): Como se escribe un libro? Toxosoutos. Noia.
- Se hai dous autores:
APELIDO APELIDO, Nome & APELIDO APELIDO, Nome (ano):
- Se hai tres ou máis autores: ...
APELIDO APELIDO, Nome (et alii) (ano):
- Se é un volume colectivo:
APELIDO APELIDO, Nome (ed) (ano): ... APELIDO APELIDO, Nome (ano): in APELIDO APELIDO, Nome (ed):
Artigo de revista
- APELIDO APELIDO, Nome (ano): "Título do artigo". Nome da Revista. Número da revista. pp. XX-YY.
FERREIRO GONZÁLEZ, Antón (2008): "A arte de escribir libros". Verba. XXXI. pp. 6-27.
- Se hai dous ou máis autores: cf. Libros e Banda Deseñada.
Enciclopedia
| MODELO | EXEMPLO |
|---|---|
| NOME DA ENCICLOPEDIA: s.u. XXXX | ENCICLOPEDIA GALEGA UNIVERSAL: s.u. clima |
Xornal
- NOME DO XORNAL (Data): nº XXX p. YY (se non está asinado).
LA VOZ DE GALICIA (23-II-2005): nº 658 p. 35.
- APELIDO APELIDO, Nome (Ano): Nome do xornal (Data) nº XXX p. YY (se está asinado).
FERREIRO GONZÁLEZ, Antón (2008): La Voz de Galicia (23-II-2005): nº 658 p. 35.
Internet
- NOME DA PÁXINA WEB. Enderezo electrónico. [Consultado o XX-XX-XXXX].
IKEA. http://www.ikea.com/es/es/preindex.html. [Consultado o 20-I-2011].
- Para citarmos un artigo da Wikipedia: XX.Wikipedia. s.u. XX. [Consultado o XX-XX-XXXX].
gl.wikipedia. s.u. Hititas. [Consultado o 20-I-2011].