O Naranxo.Lucía Fernández
De Wiki Aller
O Naranxo é un libro de relators de Valenzuela Otero. Neste libro cóntanos historias de personaxes da historia de Lalín. Este libro esta composto de 12 relatos breves contándonos situacións divertidas da vida cotidiá daqueles anos.Para min un dos relatos máis importantes que é o que da o nome ao libro e o de "O Naranxo" no que se narra a historia dun home de Lalín que todo o mundo di que está tolo xa que el di que todas casas lugares fincas e todos os arredores son del pero en realidade non ten nada, outro dos relatos a mencionar que no meu parecer é o mellor é o do " Meu tío Queitano" no que se narra como o que era unha herencia que lle deixaba un tío ao seu sobriño, o protagonista pode chegar a ser unha traxedia xa que por culpa da herencia cambia toda a súa vida nesta historia móstrasenos de xeito humorístico as penas que sufrían os labregos. Salientar por último o entretemento que hai nestas historias e a preocupación por Galicia. No meu parecer é un libro moi entretido, con unhas boas tramas con unha gran riqueza léxica.