Arnoia.Arnoia.Jenifer Guerra
De Wiki Aller
Revisión feita o 19 de xuño de 2012 ás 14:09 por Jennifer Guerra (Conversa | contribucións)
Neste libro da autoría de Méndez Ferrín cóntase a historia de aventuras de Nmógadah, un dos príncipes segredos de Arnoia que ten baixo o seu poder o Libredón. Nmógadah é metido no cárcere polos Veciños, que tamén mataran a Mai Loretta, ainda que logra escapar xunto con Mestre Lionel , un castrón co que se comunica mentalmente. Xuntos viaxan por moitas terras, buscando o camiño para chegar ás súas casas, e superan todos os perigos e adversidades que se lle presentan. Pero cando chega á súa casa e xa ten os dezaseis anos deixa de ser un príncipe segredo e perde o Libredón e a espada Mimalda que conseguira na súa viaxe.