O Naranxo.Rubén Fernández

De Wiki Aller

Revisión feita o 23 de xuño de 2012 ás 12:33 por Rubén Fernández (Conversa | contribucións)


Este libro composto por doce relatos, é da autoría de Ramón Valenzuela Otero.Cada un de estos relatos breves contén diferentes historias e aventuras(situados moitos deles na comarca do Deza).O relato "O Naranxo" que dá o título a este libro,está ambientado en Lalín.Este relata a vida dun "tolo" que lle conta a xente que é rico e que ten moitas riquezas pero en realidade é un pobre que vive da caridade.Este é o relato máis importante do libro pero a min gustoume máis o relato "O Ciclón",que relata a vida dun rapaz que se criou co seu cabalo do cal non se quixo separar ata a súa morte.En conxunto, os relatos mesturan a realidade coa fantasía dandolle un ton entretido e divertido.O que considero moi interesante é o final inesperado de algúns dos relatos.Este libro recomendollo as persoas con moita imaxinación e sobre todo os habitantes de Lalín e da comarca do Deza.

Ferramentas persoais