Arnoia.Arnoia.Tito Fernández

De Wiki Aller

Revisión feita o 9 de xuño de 2013 ás 21:18 por Tito Fernández (Conversa | contribucións)

Arnoia, Arnoia, escrito por Xosé Luís Mendez Ferrín, foi publicado en 1985 e dedicado a Oriana, Roi e Cristal. Actualmente conta con sete edicións, catro das cales dentro da colección "Fóra de Xogo", baixo a editorial Xerais.


O Autor

Xóse Luís Mendez Ferrín naceu en Ourense no 1938. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Alí tomou contacto con galeguistas e esquerdistas para pasar a formar parte do grupo Brais Pinto no 1958. Foi procesado tres veces debido ás súas actividades políticas. Actualmente é columnista no diario Faro de Vigo e director da revista Trabe de Ouro. Tamén é membro da Real Academia Galega (da cal é presidente) e Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo. Ferrín conta con moitos premios, coma o Premio da Crítica Española, Premio Losada Diéguez, Premio Trasalba ou o Premio Nacional de Literatura.



O Libro

Arnoia, Arnoia ten oito capítulos, nos que se fala da viaxe de Nmógadah, un dos Príncipes Segredos das terras de Arnoia, ata voltar á súa Casa Pequena.

  • Capítulo 1: Nmógadah é apresado polos policías Montaos, trala morte da súa nai, Mai Loretta. É levado a unha pousada en Armenia (na fronteira de Tagen Ata), onde o encerran xunto a un castrón, chamado Mestre Lionel, o cal é capaz de comunicarse con Nmógadah mentalmente. Finalmente, grazas ao seu desexo de liberdade, o Príncipe Segredo activa o Libredón (unha estrela que ten na man dereita) e fai que a parede desapareza e así podan fuxir el máis o castrón.
  • Capítulo 2: Mentres foxen, atopan un castelo onde viven os Leabertkolm, unha raza de xigantes. Nel son capturados de novo, e teñen que resolver un enigma, plantexado polo rei dos enormes seres, Hannak Oberzen. Nmógadah logra resolvelo grazas ao seu castrón, pero, enfurecido porque un rapaz de 16 anos solucionara o seu enigma, o monarca atacounos coa súa mirada de lume. Despois dun momento de confusión provocado por Mestre Lionel, conseguen fuxir do castelo e seguir coa viaxe.



  • En edición*