Morning Star.Óscar Iglesias

De Wiki Aller

Revisión feita o 14 de xuño de 2013 ás 13:43 por Óscar Iglesias (Conversa | contribucións)
 Resumo:
  Este libro trata da vida dun rapaz, que leva unha vida tranquila ata o día en que chega á súa taberna , a Disputa, o xefe dunha gavela, Lázaro Rivadulla, e comeza a descubrir o pasado do seu pai. Mentres, a súa nai, cae enferma e derradeiramente morre. O protagonista, comeza a ir a roubos coa gavela, ata que un dia rescata a Helena Rouco, que ía ser violada, cando van a roubar á casa do seu tío.
  Na fuxida, vai na procura de asilo por parte da gavela de Tomás, o inimigo de Rivadulla, e no camiño, descobre onde se atopa o tesouro polo que se enfrontan as gavelas, e consegueo atopar coa gavela de Tomás.

Finalmente, despois de diversos enfrontamentos entre as gavelas, e coa policía, esta atrapa ao protagonista, que logra saír do cárcere cando Helena mais o seu avó, van na súa procura.


 Recensión argumentativa:
   Este é un libro abraiante, que de forma sinxela nos vai introducindo nesa trama tan atrativa, amosándonos unha Galiza diferente, na que atopamos tiros, bandidos, gabelas... algo que nos soa moi lonxanos e de películas do Oeste, cando na realidade,o que nos amosa é unha terra próxima no tempo.
  O máis interesante do libro é toda a acción que hai nel e a súa trama sinxela, entretida e impredicíbel. Outro dos grandes "puntos positivos" da obra, é a situación xeográfica que nela aparece. É dicir, unha localización, uns lugares, que son próximos que a meirande parte sabemos onde están, cousa que non sucede noutros libros, nos cales os lugares que aparecen nel, son moi lonxanos a nosa terra. E para rematar, pareceume moi boa idea por parte do autor, o último "capítulo", no cal nos da datos reais da existencia destas gabelas, xa que o único que oira destas, fora escoitar falar de "Pepa a Loba".
  En resumo, este ibro pareceume moi interesante, polo tema do que trata, e ao mesmo tempo, entretido e doado de entender.
Ferramentas persoais