Morning Star.Óscar Iglesias

De Wiki Aller

Revisión feita o 14 de xuño de 2013 ás 16:38 por Paio (Conversa | contribucións)

Resumo:

Este libro trata da vida dun rapaz, que leva unha vida tranquila ata o día en que chega á súa taberna,A Disputa, o xefe dunha gavela, Lázaro Rivadulla, e empeza a descubrir o pasado de seu pai. Mentres, a súa nai, cae enferma e por último morre. O protagonista, empeza a ir roubar coa gavela, ata que un dia rescata a Helena Rouco, que ía ser violada, cando van roubar á casa do seu tío. Na fuxida, vai na procura de asilo por parte da gavela de Tomás, o inimigo de Rivadulla, e no camiño descobre onde se atopa o tesouro polo que se enfrontan as gavelas, e conségueo atopar coa gavela de Tomás. Finalmente, após de diversos enfrontamentos entre as gavelas e coa policía, esta atrapa ao protagonista, que logra saír do cárcere cando Helena e mais o seu avó, van na súa procura.


Recensión argumentativa:

Este é un libro abraiante, que de forma sinxela nos vai introducindo nunha trama moi atractiva, amosándonos unha Galiza diferente, na que atopamos tiros, bandidos, gabelas... algo que nos soa moi remoto e de películas do Oeste, cando na realidade,o que nos amosa é unha terra próxima no tempo. O máis interesante do libro é toda a acción que hai nel e a súa trama sinxela, entretida e impredicíbel. Outro dos grandes "puntos positivos" da obra, é a situación xeográfica que nela aparece. É dicir, unha localización, uns lugares, que son próximos que a meirande parte sabemos onde están, cousa que non sucede noutros libros, nos cales os lugares que aparecen nel, son moi arredados da nosa terra. E para rematar, resultou moi boa idea, por parte do autor, o último "capítulo", no cal nos dá datos reais da existencia destas gavelas, xa que o único que oíra das mesmas, fora escoitar falar de "Pepa a Loba". En resumo, este libro resultou moi interesante, polo tema a tratar, e ao mesmo tempo, entretido e doado de entender.