O Naranxo.Gonzalo Otero

De Wiki Aller

Revisión feita o 16 de xuño de 2013 ás 10:48 por Paio (Conversa | contribucións)

Neste libro podemos ver aspectos de Galicia na época do autor ou incluso anteriores. Estes son perfectamente perceptibles grazas ás inumerables descricións detalladas que emprega o autor. Persoalmente un dos relatos que máis me gustou foi “O Naranxo” no que se presenta a un home (coñecido como o “tolo” de Lalín) que lle conta a outro que el é o dono de todo o mundo e todas as terras. Ao ser o dono de todas as terras déixalle á xente vivir nelas a cambio de que cando vaia a unha das súas casas lle dean de comer. Finalmente o receptor de toda a historia que lle contou “o Naranxo ” decatase de que era mentira, que o Naranxo era un pobre vagabundo que non tiña que comer nin onde vivir. Outro relato que me chamou a atención foi “Ciclón” este fala sobre un neno que durante a súa infancia ten un cabalo ao que co paso do tempo comezará a collerlle un especial apego. É un relato un tanto triste porque despois dun longo tempo o protagonista ten que comprar o cabalo outra vez dado que durante a súa ausencia llo venderan a un arrieiro. Finalmente o protagonista, unha vez que volve ser seu, comeza a cabalgar e chega un punto no que o cabalo cae e morre. Pero o cabalo morre como quere o protagonista “morre onde naceu”. Outro relato interesante é o de”Manoel dos cans” no que se conta a historia dun pobre vagabundo que viaxa acompañado dos seus 7 cans aos que sempre alimenta a pesar de case non ter el que comer. Un día empeza a ter unha boa relación cunha muller á que despois dun tempo acaba agredindo. Finalmente indo para o manicomio guíndase ao río e non se volve saber nada do seu corpo.


É un libro bastante interesante e breve ademais mediante as descricións detalladas que fai o autor, pódense apreciar ben as situacións que se vivían nesa época como a pobreza, a supersticións, a marxinación social (reflictida no relato de "Manoel dos cans").


Gonzalo, a recensión connotativa, é dicir argumentativa, debe ter como mínimo 15 liñas, a metade no wiki.