Tarxeta vermella.Anabel Presas
De Wiki Aller
Resumo
Este libro ten unha serie de relatos breves, os que mais me chamaron a atención foron: "A porta" Fala sobre unha muralla, hai uns mouros que deixaron un tesouro alí e que houbo algúns pronblemas na terra e que un señor foi abrirlles para que pasara a auga pero el non viu nada e quedou coa dúbida. "Un cuarto con dúas camas": Nando, o neno pequeno que durmía nese cuarto, estaba asustado porque sempre aparecía unha das súas camas destendida e el pensaba que era o irmán maior ata que a Nando o levaron ao psicólogo para decirlle que era sonámbulo e que non se preocupara , pero o irmán fora a un campamento e el e mais os pais fórono buscar e a cama volvía estar estendida e ninguén soubo quen fora. "Tarxeta Vermella" Trata sobre un partido de fútbol que nunca remata porque o árbitro no tiña chifre, e todos estaban cansados, había lesións e demais; por outro lado,o protagonista non sabe como chegou ata alí.
Comentario
É un libro de relatos desigual, porque son bastantes e é difícil manter un bo nivel de concentración ao longo dos mesmos,e porque ao ser diferentes temas non hai un que chegue a interesar. Non obstante, hai que valorar que o libro sexa difícil porque isto estimula o ego. Polo demais, o libro ofrécenos unha linguaxe sinxela nalgúns dos seus relatos.