As laranxas de alí babá
De Wiki Aller
Revisión feita o 19 de maio de 2011 ás 12:19 por Belén (Conversa | contribucións)
Poemario de Carlos Negro publicado por vez primeira na editorial Letras de Cal.
O autor define este libro da seguinte maneira:
"Este libro quixo saír luminoso e sensual como a esencia da laranxa xa que lle deu forma e contido; gostei de sentirme neno e adulto a un tempo, e deste finximento imposible xurdiu un conto que ás veces semella un poema; todo nel é mentira, pero procurei que nada fose falso. E se por acaso se albisca certa ilusión, esa será a mellor maxia que souben ofrecer."