Yolanda Castaño
De Wiki Aller
Yolanda Castaño é unha poeta galega nada na Coruña no ano 1977.
Índice |
Traxectoria
Esta poeta deuse a coñecer ao mundo nos anos 90 con poemas soltos. No ano 1995 publicou o seu primeiro poemario, Elevar as pálpebras, que lle valeu o premio Fermín Bouza Brey. No ano 1998 editáronse os seus poemarios Delicia e Vivimos no ciclo das Erofanías, este último recibido con grande acollida entre o público.Nesta época.a autora comeza a realizar unha dobre labor: por un lado escribe poemas en galego, e por outro,tradúcese a sí mesma ao castelán.
Colaborou en diversas publicacións a raíz da súa faceta como crítica,como foron Festa da palabra silenciada e A Xanela.
Foi secretaria da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG),ademais de Letras de Cal,unha editorial coa que se adicou á publicación de obras de autores noveis,principalmente.
Foi destacable,igualmente,a súa participación en diversos volumes colectivos,entre os que destacan Daquelas que cantan..., Rosalía na palabra de once poetas galegas ,Mulher a facer vento e Alguien agarda que volva allí .Asímesmo,organizou xunto a Emma Couceiro os Ciclos de Recitais Poéticos en Filoloxía.
En canto aos seus traballos máis actuais,destaca o seu traballo de responsable da Galería Sargadelos no ano 2007.Tamén se adicou a traballos na televisión, na que foi directora e presentadora do programa Mercuria.Actualmente atópase traballando neste medio de comunicación, como colaboradora no programa Cifras e Letras da TVG,presentado por Paco Lodeiro e coa colaboración de Jorge Mira.
Obras
Elevar as pálpebras(1995)
Delicia (1998)
Vivimos no ciclo das erofanías (1998)
O libro da egoísta (2003)
Profundidade de campo (2007)
Bibliografía
["Yolanda Castaño". En: escritoras.com [en línea]. 16 ene 2004. [Consulta: 19 may 2011]. <http://www.escritoras.com/escritoras/escritora.php?i=151>.]