Somente soño...

De Wiki Aller

Revisión feita o 23 de maio de 2011 ás 08:22 por Tania (Conversa | contribucións)

Estamos ante un libro de poemas de Celso Fernández Sanmartín non ten unha temática única, o principio e o final trátase o tema amoroso pero os poemas do medio teñen unha temática indefinida, que non se sabe moi ben onde encadrala. Pero, o que si é certo é que o autor concibe o libro como un libro de amor, pero este non é unicamente entre personas,senón tamén o amor pola natureza como poden ser as follas ou as amendoeira.

En canto o "eu lírico" este é unha primeira persona como se pode amosar nos tempos en primeira persona (queréndoche,pídoche... ) así como nos pronomes (me, eu, meus...).

Cabe destacar, que no libro non aparecen signos de puntuación, é dicir , nin comas, nin puntos, nin msiúsculas... e con esto o autor pretende crear unha sensación de tranquilidade,o libro pretende ser un fluido. Outros recursos estilísticos son as numerosas metáforas como "por qué os paxaros chaman por ti...";comparacións "e pequeno eu como o país dos grilos"; paralelismos "pin pan/pin pan..."...

Por outro lado, a rima é libre e podemos atopar versos moi curtos en poemas a vez curtos ou o contrario, versos largos en poemas largos, pero o que predomina son os poemas pequenos.

Ferramentas persoais