Chus Pato

De Wiki Aller

Revisión feita o 23 de maio de 2011 ás 09:09 por Diego (Conversa | contribucións)

Chus Pato é unha poeta nada en Ourense no ano 1955.Profesionalmente, ensina xeografía e historia na ensinanza secundaria. É unha das figura máis relevantes da poesía galega actual.Xunto con outras autoras como María Xosé Queizán,é protagonista dunha corrente que buscou reconstruir a tradición literaria galega no ámbito da poesía. A obra de Chus Pato caracterízase pola súa radicalidade, o exercicio dunha experimentación demoledora dos discursos e lugares comúns herdados.A súa escritura está basada na superación do concepto tradicional de poesía.Escrita en prosa ,a súa poesía acolle, non só distintos tipos textuales,dende o estritamente biográfico ata o ensaio filosófico, senón unha polifonía de voces que inclúe unha pléiade de personaxes ficticios e reales que se manifestan en múltiples subxéneros.