Elevar as pálpebras
De Wiki Aller
Elevar as pálpebras foi o primeiro libro de Yolanda Castaño,publicado cando a poeta contaba con só 17 anos. Foi editado no ano 1995 pola editorial Espiral Maior.Recibiu o premio Fermín Bouza Brey no ano 2004.
Un dos poemas máis embleméticos desta obra é "Beber leite".
Temática
É un poema cunha temática marcadamente erótica,que contén unha trastenda de feminismo e reivindicación da figura feminina por riba da masculina. No libro apréciase claramente o alto contido érotico,como xa dixemos antes,propio da primeira época dos escritos desta poeta,na que se centrou na procura de cousas novas.Logo,aínda que sen abandonar este non conformismo,avanzou cara a unha visión máis conceptual da poesía.
Comentario
O escrito iníciase coa afirmación que lle dá nome ao poema:Beber leite. É unha maneira rotunda de comezar o poema,que non admite erros nin coxunturas sobre o contido do poema.Comeza aquí unha descrición pormenorizada do feito de beber leite.A descrición comeza cos bicos e coas caricias,pero pronto abandona esa descrición de preliminares para centrarse no feito principal do poema.