Arnoia, Arnoia:Nicolás Varela
De Wiki Aller
Arnoia, Arnoia é un libro do autor [1] Xosé Luís Mendez Ferrín, publicado por primeira vez en 1985. Está adicado a Oriana, Roi e Cristal (dos que nada sabemos). Leva xa sete edicións, catro delas dentro da colección "Fóra de Xogo", da editorial Xerais. Foi traducido a castelán por Xavier Rodríguez Baixeras para a editorial Anaya no 1990.
Índice |
O Autor
Xóse Luís Mendez Ferrín naceu e Ourense no 1938. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, e Filoloxía Románica en Madrid. Alí tomou contacto con galeguistas e esquerdistas para finalmente no 1958 pasar a formar parte do grupo [2]Brais Pinto. No 1965 obtén a Cátedra de Lingua e Literatura Española do Instituto Santa Irene de Vigo. Foi proceso tres veces debido ás súas actividades políticas. Actualmente é columnista no diario Faro de Vigo e director da revista [3]A Trabe de Ouro. Tamén é membro da Real Academia Galega (da cal é presidente) e Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo
Ferrín foi galardoado por moitos premios, tales coma o Premio da Crítica Española, Premio Losada Diéguez, Premio Trasalba ou o Premio Nacional de Literatura. Foi nomeado como candidato ao Premio Nobel de Literatura pola Asociación de Escritores en Lingua Galega no 1999.
O Libro
En Arnoia, Arnoia fálasenos da viaxe de Nmógadah, un dos Príncipes Segredos das terras de Arnoia, na procura de aventuras.
- Capítulo 1: Nmógadah é apresado polos policías Montaos tralo asasinato da súa nai, Mai Loretta. Estes lévao ata unha pousada en Armenia (cerca das portas de Ulfe, ao fin das antigas terras de Tagen Ata). Alí encérrano cun castrón co poder e comunicarse mentalmente chamado Mestre Lionel. Xunto con este consegue fuxir da prisión grazas ao Libredón, unha marca estrelada que leva na man que lle permite atravesar a parede.
- Capítulo 2: O rapaz e castrón atopan un castelo mentres fuxían. Trátase do castelo dos Leabertkolm, unha raza de xigantes. Alí son apresados, e para poder ser liberados deben solucionar unha adiviña que lles porpón o rei dos xigantes, Hannak Oberzen. Soluciónana pero, ao facelo un Príncipe Segredo de dezaseis anos como Nmógadah, Oberzen enfurece e carga contra eles coa súa ollada de lume, poder que o fixo rei. Pero Mestre Lionel consegue confunfir aos xigantes e él e Nmógadah conseguen fuxir.
- Capítulo 3: Tras disto conseguen ir á selva de Brocelandia
Ligazóns
De elaboración propia
Ligazóns externas
Páxina oficial da Real Academia Galega [4]