Dos arquivos do trasno.Eva Vázquez

De Wiki Aller

Revisión feita o 21 de marzo de 2012 ás 20:56 por Eva Vázquez (Conversa | contribucións)


Dos arquivos do trasno é un libro de relatos de Rafael Diestre. Nel cóntanos a través dos personaxes de cada relato, a situación na que se encontra Galicia neses anos.
Este libro está composto por vinte relatos breves nos que nos mostra actos drámaticos da época como o exilio, a emigración... mediante uns personaxes que nos ensinan os problemas que tiñan nese intre.
Un dos relatos máis importantes para min é O neno suicida no que nos conta unha historia dun home que naceu vello e co paso do tempo íase facendo máis novo, e como non sabía como ía ser a súa morte decidiu matarse dun tiro cando era un neno. 
Outro relato que debo mencionar é Un conto de reis no que un home ten que elaborar un conto relativo aos Reis Magos, este labor facilítase cando nunha taberna escoita unha historia dun home que traballou para Melchor. E así elabora o conto que tanto pode ser real ou imaxinario.
Os demais relatos fan fortes denuncias á sociedade da época, por exemplo, Once mil novecentos vinteseis na que nos ensina a crueldade do ser humano, xa que un home come a outro.
En resumo, este libro fainos reflexionar sobre a crueldade e corrupción do ser humano, non só na época de Rafael Diestre, senon tamén nos nosos días.