Alba Rivas.Diario

De Wiki Aller

Revisión feita o 21 de xuño de 2012 ás 11:37 por Paio (Conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

10.01.12 Hoxe empecei a ler o libro de "Ninette y un señor de Murcia" téñoo que ler para o exame de lingua castelá, é unha obra teatral polo que supoño que acabarei pronto de lela.

11.01.12 Este libro trata sobre un home que fala cun amigo seu para que lle consiga un sitio onde aloxarse en Francia porque vai ir de vacacións alá. O seu amigo búscalle por tódolos lado e consegue atopar á fin unha casa duns amigos seus que están dispostos a darlle unha habitación na mesma ao seu amigo de Murcia.

16.01.12 O home chega á casa desa xente descoñecida para el e alóxase alí, a xente desa casa é un matrimonio que ten unha filla, eles póñenlle algunhas normas ao rapaz a cambio de poder quedarse na súa casa o tempo que acordaran.

17.01.12 O home xa levaba algúns días na casa pero aínda non coñecera a rapaza que vivía na mesma. Tiña curiosidade por saber quen era pero pasaba o día encerrada no seu cuarto.

18.01.12 Os pais da rapaza traballaban fóra da casa entón ela empezou a saír da súa habitación e coñeceu a Andrés(o home que estaba hospedado na súa casa, empezaron a falar e coñecerse.

23.01.12 Todos os días, cando seus pais marchaban para traballar, Ninette saía do seu cuarto e estaba con Andrés no salón conversando, pasaban as tardes alí, empezáronse a gustar mutuamente ata que un día se deron o primeiro beso.

24.01.12 Continuaron co seu romance en segredo, pouco a pouco ían tendo máis contacto físico ata que un día acabaron xuntos na cama de Ninette, era a primeira vez dela, os pais empezaron a sospeitar algo do ben que se levaban.

25.01.12 Un día o amigo de Andrés chamouno de que ía ir a Francia para estar con el e así ir de festa os dous xuntos e ir con mozas aos bares e antros de festas, posto que non sabía nada da relación que tiña o seu amigo coa rapaza da casa.

30.01.12 Sempre que o seu amigo o chamaba, Andrés nunca lle collía o teléfono ou poñíalle calquera escusa porque el quería estar con Ninette na casa ou ás veces xa non lle deixaba ela que fora por aí adiante.

31.01.12 Unha mañá Ninette díxolle que estaba embarazada del, o home non o podía crer, non se sentía preparado para ser pai e menos porque se estaba empezando a aburrir de Ninette porque o tiña sempre encerrado e non o deixaba ir a ningún lado.

01.02.12 Un día o amigo de Andrés presentouse na casa de Ninette e preguntoulle ao seu amigo porque nunca o chamaba para quedar ou porque sempre lle poñía escusas cando el o facía, entón contáronlle a noticia de que ela estaba embarazada e el quedou moi asombrado.

06.02.12 Os pais de Ninette soubérono e querían que Andrés se fixera cargo e que non deixara a súa filla soa, el viuse entre a espada e a parede e non sabía que facer. El tiña que arranxar uns asuntos en Murcia e non o querían deixar marchar.

07.02.12 Finalmente chegan a un acordo e deixan que se vaia a Murcia pero o seu amigo tense que quedar na casa da familia de Ninette a cambio de que el volva, se non volve matarán o seu amigo.

08.02.12 A Andrés pasáselle pola cabeza de non volver á casa de Ninette pero ten medo polo seu amigo, entón volve e proponlle a Ninette de irse vivir a Murcia con el porque el quérea pero non quere quedarse en Francia.

14.02.12 Ela acepta e vanse vivir a Murcia cos amigos e familiares de Andrés.


27.02.12 "Elemental mi queria Marta" trata sobre unha rapaza que se vai de vacacións con seu pais no verán pero ocórrelle unha cousa que non se esperaba, a súa prima vai ir con eles e ela iso non o quere porque lle parace moi rara esa nena.

28.02.12 Comezan a viaxe e vanse a unha casa deles que a tiñan abandonada e a queren reformar para pasar aló uns meses, Marta e a súa curmá van dar unha volta mentres seus pais organizan a casa e desenvalan as maletas.

29.02.12 A curmá de Marta está obsesionada cos detectives e ela quéreo ser e pasa o día buscando provas de calquera cousa, feito que lle fai perder a paciencia a Marta.

05.03.12 Agora Marta e súa curmá están buscando pistas sobre uns veciños que lles parecen sospeitos pola forma de comportarse que teñen e empézanos a investigar.

06.03.12 Pouco a pouco van atopando todas as pistas necesarias para inculpalos xa que souberon de que roubaron unhas xoias que estaban enterradas debaixo da casa de Marta.

07.03.12 As rapazas cóntanllo a seus pais e ao principio non as creron pero despois cando lles presentaron as provas axundáronas a que caeran na trampa que lles tiñan preparada para que a policía os pillara cometendo a fraude.

12.03.12 As rapazas van á comisaría cos seus pais e falan cos policías e cóntanlles o caso e danlles as grazas porque levaban buscando a esa parella moito tempo pero non lograran saber onde se esconderan esa vez.

13.03.12 A policía vai ao lugar onde están as xoias e pillan alí os ladróns e detéñenos.

14.03.12 As xoias danllas á familia de Marta como agradecemento por axudarlles a atrapar a esa parella tan perigosa de ladróns, agora a Marta gústalle a idea de ser dective e lévase moi ben coa súa curmá. Grazas pola túa colaboración

Ferramentas persoais