Dos arquivos do trasno.Nicolás Varela
De Wiki Aller
Revisión feita o 21 de xuño de 2012 ás 21:05 por Nicolasvarelagarcia (Conversa | contribucións)
Dos arquivos do trasno, libro de Rafael Dieste, é un conxunto de relatos de gran carácter etnográfico e cultural. Reflicte moi ben aspectos típicos rurais (por exemplo, un vello que vivía no monte e que nunca vira o tren ou como un pai morreu agardando a que o seu fillo volvera da emigración). Contén certos toques satíricos (como un levador deixou morrer ao suposto morto dentro do cadaleito, sentíndoo rabuñar por dentro) e mesmo irónicos (un home morre sen querer confesar os seus pecados, e o único que sabe destes é o sancristán). No tocante ao carácter cultural toca todos os puntos da sociedade galega: mendigos, emigrantes, pescadores, vellos do rural... (Corrixe o que está en negriña)