O Naranxo.Jesús Mouriño

De Wiki Aller

Revisión feita o 23 de xuño de 2012 ás 15:06 por Paio (Conversa | contribucións)

"O Naranxo" é un libro de relatos da autoría de Ramón de Valenzuela. Contén 12 relatos breves nos que mestura a realidade coa fantasía, todos eles contados cun ton pesimista con temas como a morte, a soidade... O mellor relato é "O Naranxo" que lle da título o libro e narra unha conversación cun tolo que di ser millonario e dono de moitísimas terras pero que todos saben que é mentira, malia iso creo que fala con propiedade e pode que non sea rico ao xeito dos demais pero outra clase de rico como di o narrador. Outro relato que me gustou moito foi o de "Manoel o dos cans" que conta a historia doutro pobre tolo que non fai mal a ninguén e acaba arrestado ao mallar ata matar a unha muller por bicalo, xa que estaba namorada del. Todos os relatos conteñen trazos fantásticos que o autor mestura cos reais que nos fan unha lectura entretida, algúns relatos como "O castelo de Cira" son algo extraños e non se entende ben o acontecido, algúns tamén contan cuns finais abertos que deixan o lector con intriga e a maioría son de carácter didáctico. (Corrixe o que está en negriña)