A sombra cazadora. Rubén Fernández

De Wiki Aller

Revisión feita o 23 de xuño de 2012 ás 16:16 por Paio (Conversa | contribucións)

Clara é unha rapaza de dezaoito anos que vive co seu irmán e pai nunha finca afastada do mundo exterior.A nai de Clara morreu ao pouco de nacer o seu irmán e desde esa o pai é o que os protexe do mundo exterior.Estes irmáns teñen unha vida secreta e descoñecida, xa que ninguén sabe da súa existencia, excepto seu pai.Este segredo remata cando o pai comete un erro que condenaría os seus fillos a fuxir da temida "Imaxe", ben coñecida polo seu pai xa que a súa copia fictícia convivía con el a diario.Este suicidase e deixa os seus fillos nun grave perígo do que foron protexidos polo seu padriño e o Manco.Nesta aventura entre realidade e fantasía, Clara e o seu irmán logran fuxir do seu temor grazas ao seu padriño e ao Manco.O irmán de Clara, Miguel, remata sacrificándose para acabar coa Imaxe e para que a súa irmá vivira feliz e coa súa vida a carón do Manco e a súa filla. O libro contén unha interesante combinación entre ciencia-ficción e realidade, o que fai que me pareza moi interesante.Ademais paréceme un libro moi imaxinativo no que se pode recrear un mundo como o descrito na mente de cada lector.Persoalmente,gustoume moito este libro e recoméndollo a todas aquelas persoas que se interesen nos libros de ficción e aventura. (Corrixe o que está en negriña)