A praia dos afogados.Paula Montoto

De Wiki Aller

Revisión feita o 11 de xuño de 2013 ás 20:46 por Paula Montoto (Conversa | contribucións)

A praia dos afogados é unha novela negra de Domingo Villar.

Resumo

Leo Caldas, un inspector de policía, e o seu axudante, Rafael Estévez foron avisados de que aparecera un corpo dun home na praia. Ao principio, pensaron que se trataba dun suicidio, pero logo déronse conta de que en realidade fora un asasinato. Investigaron moito e, pouco a pouco, chegaron á conclusión de que este asasinato tiña relación co naufraxio dun barco, que sucedera moitos anos antes. Nese naufraxio morrera o capitán do barco e sobreviviran os tres tripulantes, que despois disto no volveron a manter ningunha relación entre eles. O cadáver atopado na praia pertencía a un dos tripulantes. Ao final, logran atrapar ao acusado e saber por qué matara a Xusto Castelo e todo o que pasara aquela noite do naufraxio. Leo tamén traballaba nun programa da radio, chamado "Patrulla nas ondas" e, sempre que podía, ía visitar ao seu tío que estaba moi grave no hospital.

Comentario

Este libro gustoume xa que é de intriga, porque cando parece que vai suceder unha cousa, sucede totalmente o contrario. Dende o meu punto de vista, é demasiado longo para ser unha novela xuvenil, xa que hai algúns capítulos nos que, practicamente, non se di nada, polo que deberían ser suprimidos. Non me gustou o feito de que se nomease a Alba, en varias ocasións, pero que en ningumha se comentase nada sobre ela, así como ao remate do libro, o pai lle comenta a Leo que debería chamala pero, en ningún momento, se dan detalles de por qué debe facelo e os motivos polos cales deixaron de falar. No libro non só se conta a historia de como asesinaron a Catelo nin os motivos, senon que tamén amosa a vida privada de Caldas,o que fai que a novela non sexa tan aburrida. Así mesmo, reflite o duro que é o traballo dun policía, dende que descobren un cadáver ata que resolven o caso. Este libro danos a entender que non só se hai que centrar no traballo, tal e como fai Caldas no seu e, en menos medida co programa da radio, xa que tamén hai que desfrutar e liberarse como fai Estévez.