Usuario:Andrea Rodríguez

De Wiki Aller

Revisión feita o 14 de xuño de 2013 ás 13:47 por Andrea Rodríguez (Conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Autor: María López Sández. Texto expositivo:

É esta unha novela de autoría de María López Sández, chamada “A forma das nubes”. Así, cóntasenos a historia de unha rapaza que, xunto a súa familia, embarca nun cruceiro con obxectivo de pasar as vacacións. Neste barco, atópase con algo que a sorprende: a súa actriz favorita vai rodar unha película nas instalacións do cruceiro. Para esta película necesitábase a unha rapaza para gravar unha escena e, con sorte, a protagonista consegue pasar o casting e facerse co papel. Tras esta experiencia, a rapaza cambia a súa concepción de “amor”. Aparte, amósasenos a difícil situación amorosa que sofre a protagonista ao longo do tempo pero, finalmente, esta acaba por ter unha filla e por ilusionarse cun home que ao final a abandona, deixandoa que se hunda de novo na amargura. Entre estes sucesos, a personaxe sofre a tráxica morte dun gran apoio, a súa nai, devorada por uns cans.

Texto argumentativo:

“ A forma das nubes” é un libro que non me gustou porque é unhas das poucas novelas que non me transmitiu nada. O feito de que se deixen aspectos sen resolver como o por qué da morte da nai ou a identidade do home que se deita coa actriz, xunto co feito de que se mesturen  etapas diferentes da vida da protagonista, fan deste un relato que, dende o meu punto de vista non goza de moito sentido. Penso que a autora debera estructurar o libro doutra maneira, organizando por orden os diferentes sucesos sen saltar dun a outro e deixando, quizais, as cousas un pouco máis claras. Hai outros momentos como por ejemplo no que a rapaza cambia a súa concepción de “amor”, ou o momento do aborto, que tampouco me chamaron moito a atención e incluso podo decir que, en parte, me entristeceron. Finalmente, o feito de que a protagonista non conseguise ter unha relación seria cun home, marca un final, na miña opinión, un pouco “pobre”.
Ferramentas persoais