Conversa:A forma das nubes.Sandra Sánchez

De Wiki Aller

Revisión feita o 15 de xuño de 2013 ás 18:10 por Sandra Sánchez (Conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Texto expositivo. Este texto escrito en primeira persoa conta a vida dunha rapaza dende os seus trece anos. Comeza contando que a rapaza comeza unha viaxe nun Cruceiro no que coñece á súa actriz preferida e consegue un papel na película que está a rodar no propio barco. A partir de aí conta como cambiou a súa vida. Intercala momentos da súa infancia con momentos da súa madurez. Conta momentos importante como cando morre a súa nai, ou se queda embarazada dun home e nin apenas llo conta. Hami moitos momentos adicados á fotografía e parece ser unha novela que xira arredor da beleza. A forma das nubes representa unha forma de comprender o amor e o por que de todas as cousas. Nesta novela a protagonista chega a namorarse de verdade, e chega a preguntarse por que unha vez que se namora lle ten que saír mal; pois a persoa da que se namorou deixouna embaraza e perdeu o neno por culpa dunha enfermidade de transmisión sexual que el mesmo lle contaxiara. Conta, como final da hitoria, como a súa actriz preferida está enferma nun Hospital e a vai ver moi a miudo, lle tingue o pelo e lle fala de todo o que viviron aquela semana no barco; mais ela nin fala, nin se emociona, e tres anos despois morre.

Texto argumentativo. O libro, unha vez comprendido é moi bonito, mais eu tiven que lelo dúas veces para poder comprendelo. A primeira vez que o lin non me enterei de nada. Despistoume un pouco eso de que comece falando de cando era nena e de repente se poña a falar de cando é maior e dea saltos no tempo. Gustoume especialmente a parte na que explica todo o que o nacemento da súa filla Cloé significa para ela. O peor da novela, máis ben, o que menos me gustou foi o momento no que morre a nai, pois é un momento moi triste para a protagonista. Pareceume moi boa a actitude do personaxe ao coidar da actriz cando esta se pon moi enferma e recordarlle todo o que viviran cando ela tan só era unha nena. En definitiva, parece unha novela sinxela, aínda que para entendela hai que prestar moita atención aos pequenos detalles.

Ferramentas persoais