O Naranxo.Ángel Vidal
De Wiki Aller
Resumo: debido a que este é un libro de relatos, o resumo do mesmo dedicareillo a un dos mesmos,” A torre de don Ramiro”. Este capítulo do libro cóntanos a historia de don Ramiro, o único habitante dun pazo que contaba cunha torre. Nesta torre ninguén entrou dende que un día petara na porta do pazo un mozo que pedía esmola. Don Ramiro era un bo home, que axudaba ao que o necesitaba, mais neste caso díxolle ao rapaz que el era novo e que tiña corpo para traballar, e negoulle a esmola. Ao día seguinte o rapaz apareceu morto de fame na beira do río, cando don Ramiro se decatou disto, encerrouse na torre dicindo que o rapaz morrera pola súa culpa e que el tiña que morrer polo mesmo que morrera o mozo.
Comentario: "O Naranxo" é un libro que nos conta historias da época do autor ou de moito antes incluso, o mesmo está dividido en 12 relatos diferentes, cunha introdución que nos axuda á comprensión do mesmo. O nome do libro vén dado polo personaxe principal do primeiro capítulo. Este relato é impactante xa que como di o narrador, ao Naranxo tíñano polo tolo de Lalín, porén tal e como falaba, non parecía estar tolo de todo (mais tampouco cordo de todo). O Naranxo dicía ser o propietario de moitas cousas, pero ao mesmo tempo non era propietario de nada, tamén dicía cousas como que era propietario de dous bancos pero que alí o único que tiñan eran firmas de que posuían cartos, pero cartos físicos non; isto tamén pasa na actualidade, xa que agora non teñen cartos nin os propios bancos. Con respecto ao estilo, o libro é moi fácil de ler, sobre todo se tamén se le a introdución. Utiliza unha linguaxe moi sinxela,o que facilita a lectura do mesmo. Alén diso, son atríntes este tipo de libros divididos en relatos independentes. Por todo isto é polo que é recomendable para todos aqueles aos que lles guste dar un "paseo literario".