As termas
De Wiki Aller
Índice |
Partes
As termas son recintos públicos destinado a baños típicos da civilización romana, con estancias reservadas para actividades ximnásticas e lúdicas así como lugares de reunións para os pobres como eran os plebeos e os escravos.
Son numerosas as prácticas relixiosa e sociais que dende a antigüidade tiveron como acto principal o baño asociado a limpeza de corpo e de alma e purificación.
A función social, e incluso medicinal dos baños e termas mantivéronse. Na civilización romana as termas eran servicios fundamentais. As termas públicas romanas respondían a unha función social e política. Foron lugares ideais par conversacións relaxadas así como propios para as relacións sociais. Coidábase o ambiente con unha delicada decoración onde non se aforraba en medios, enchendo as estancias de marabillosas estatuas e mosaicos.
Funcionamento
Os recursos hidráulicos eran traídos mediante a rede de acueductos que toda cidade romana tiña, aínda cando el punto de captación da auga estivera lonxe do núcleo urbano. O interior das estancias e as piscinas de auga quente o sistema estaba baseado na distribución mediante túneles e tubos de auga quente e vapor que se estendían por debaixo do das estancias e piscinas e eran alimentados por unha serie de fornos que se atopaban nos sotos, a carón do caldarium. Moitas outras estaban baseadas en manantiais de augas termais que en moitos casos tiñan compoñentes medicinais.
