Yolanda Castaño
De Wiki Aller
Revisión feita o 9 de maio de 2011 ás 09:11 por Lucía (Conversa | contribucións)
Yolanda Castaño é unha poeta nada na Coruña no ano 1977.
Traxectoria
Esta poeta deuse a coñecer ao mundo nos anos 90 con poemas soltos. No ano 1995 publicou o seu primeiro poemario, Elevar as pálpebras, que lle valeu o premio Fermín Bouza Brey. No ano 1998 editáronse os seus poemarios Delicia e Vivimos no ciclo das Erofanías, este último recibido con grande acollida entre o público.