As laranxas de alí babá

De Wiki Aller

Poemario de Carlos Negro publicado por vez primeira na editorial Letras de Cal.

O autor define este libro da seguinte maneira:

"Este libro quixo saír luminoso e sensual como a esencia da laranxa xa que lle deu forma e contido; gostei de sentirme neno e adulto a un tempo, e deste finximento imposible xurdiu un conto que ás veces semella un poema; todo nel é mentira, pero procurei que nada fose falso. E se por acaso se albisca certa ilusión, esa será a mellor maxia que souben ofrecer."