O Naranxo.Rubén Fernández

De Wiki Aller


Este libro, composto por doce relatos, é da autoría de Ramón Valenzuela Otero.Cada un destos relatos breves contén diferentes historias e aventuras(situados moitos deles na comarca de Deza). O relato "O Naranxo", que dá o título a este libro,está ambientado en Lalín.Este relata a vida dun "tolo" que lle conta á xente que é rico e que ten moitas riquezas pero en realidade é un pobre que vive da caridade.Este é o relato máis importante do libro, pero a min gustoume máis o relato "O Ciclón",que relata a vida dun rapaz que se criou co seu cabalo do cal non se quixo separar ata a súa morte.En conxunto, os relatos mesturan a realidade coa fantasía dándolle un ton entretido e divertido.O que considero moi interesante é o final inesperado dalgúns dos relatos.Este libro recoméndollo a persoas con moita imaxinación e sobre todo aos habitantes de Lalín e da comarca de Deza.