Sonia Camba Arias Plauto

De Wiki Aller

Este artigo correspóndese a un cuestionario sobre a lectura d'Os xemelgos de Plauto, feito por alumnas de 4ºC da E.S.O.


Contestade sempre empregando cada unha o voso nome de usuario. Se queres comentar ou preguntar algo, podes facelo desde a miña páxina de usuario. Teclea Usuario:Servando na caixa de procura na columna da esquerda e sigue as instrucións que aí se dan.

Se escribides usuario: e logo o voso nome de usuario, iredes á vosa páxina, onde poderedes ver as contestacións que vos dea. De todos modos aparece un aviso que di que tes mensaxes novas.


Se citas partes da obra, sinala os versos aínda que só sexa aproximadamente.




PREGUNTA: Describe a consideración da muller baseándote en pasaxes da obra.


Resposta: A muller non era considerada unha cidadá polo que non tiña dereitos e a súa situación era de completa sumisión ó home. A figura masculina non lle tiña que rendir contas á súa muller, e esta tiña que conformarse coa vida que lle daban sen protestar, e aceptar a súa posición de "obxecto" frente ó home.

Podemos observar perfectamente esta situación no acto primeiro, escena II; onde Menecmo inxuria á súa muller polo atrevemento de esta ó pedirlle explicacións. No acto cuarto, escena II; momento no que a parella discute polos actos indecentes do marido, este sorprendese ante a desfachatez da súa muller. No acto quinto, escena I; onde a muller confundindo a Menecmo II con Menecmo I lle pide explicacións ó ver que este leva o seu manto, el en posición de home sentese inxuriado e insultaa. E por último no acto quinto, escena II; onde a muller lle pide ó seu pai que a libere de ese mal marido, o pai en condición de varón non cre na súa totalidade as palabras da súa filla, pola condición de ser muller. En conclusión a súa situación era de completo desprezo hacia elas e unha dura condición de ser inferior . FEITO.