IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  18 de Setembro do 2015 - 103 visualizacións  
  CONFERENCIA:"OS DESAFÍOS DA QUÍMICA NO SÉCULO XXI"  
 
Celebrouse no IES A Pinguela a conferencia de principio de curso a cargo do profesor do departamento de Química Física da Universidade de Santiago José Ramón Leis Fidalgo, quen tamén fora Director Xeral de Universidades da Consellería de Educación, sobre "Os desafíos da química no século XXI".
Fixo unha análise da problemática que conleva o aumento da poboación mundial e do cambio climático. Ó ter o mundo cada vez maior poboación e menor pobreza relativa necesítanse cada vez mais recursos pero o quentamento global atenta contra a sustentabilidade do planeta, polo que se investiga na busca de conseguir a disminución e/ou o almacenaxe de CO2, enerxías máis eficientes, auga potable accesible tamén nos paises menos desenvolvidos e unha tecnoloxía que permita contaminar menos con menor gasto enerxético. Explicou a base científica dos diferentes xeitos de desalinizar a auga do mar e as posibilidades que parecen aportar para ese fin os novos materiais como os nanotubos de carbono, ou a maneira de investigar en vacinas con nanopartículas sen necesidade de inxectar. Posteriormente, mostrou ó noso alumnado novos materiais, tamén coñecidos por materiais intelixentes polas súas cualidades, como líquidos con cualidades electromagnéticas, polímeros que absorben unha cantidade de auga moi superior ó seu volume polo que teñen múltiples usos na industria, láminas que levitan sobre unha combinación de imáns ou a base do movemento de trens sen contacto cos raíles, o que favorecerá a rapidez minimizando o consumo. Moi ameno e interesante para o noso alumnado de bacharelato.
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela