IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  14 de Novembro do 2015 - 95 visualizacións  
  PROXECTO PROMECE: VIAXE A MURCIA  
 
Alumnado de 3º ESO ven de rematar unha interesante visita á comunidade murciana para participar cos do mesmo nivel educativo do IES Ribera de los Molinos de Mula (Murcia), IES Las Salinas de Arrecife- Lanzarote e IES Ría San Martín de suances (Cantabria) nun encontro do Proxecto PROMECE que nos financia o Ministerio de Educación e Deporte. "La diversidad de nuestras comunidades, un procerso de aprendizaje" e o nome do noso proxecto común que no caso de Murcia se centrou sobre todo na xestión da auga e dun medioambiente sostible. Puideron coñecer a horta murciana e as plantacións que a adornan, cooperativas de comercialización de froitas, almendros e cítricos e de producción de aceite, desanilizadoras, plantas de enerxía solar, o trasvase Tajo-Segura, etc. Ademais aproveitaron para visitar a cidade de Murcia, Cartagena, Mula, Caravaca de la Cruz, Calasparra, Cehegín, Abarán,... e disfrutaron tamén do balneario termal de Archena.
Unha semana moi intensa de experiencias inmersos en paisaxes e entornos moi diferentes dos habituais do seu entorno diario que seguro non olvidarán.
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela