IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  30 de Setembro do 2016 - 139 visualizacións  
  XORNADA DE CONVIVENCIA VISITA NAS MÉDULAS (LEÓN)  
 
Como cada ano iniciando o curso académico, o noso alumnado recén incorporado ó IES A Pinguela, o de 1º de ESO, acompañado polo de 2º de ESO, levaron a cabo unha xornada de convivencia en contacto coa natureza. Este ano, eliximos como destino o Monumento Natural e Espacio Cultural de "Las Médulas" na provincia de León, unha das maiores explotacións auríferas a ceo aberto da época romana e das maiores do mundo declarada pola Unesco Patrimonio da Humanidade. Disfrutaron dunha rúa guiada entre unha paisaxe de singular beleza, con castaños multicentenarios, picos e galerías que supuxeron un gran descubrimento para a maioría do noso alumnado. Puideron coñecer como a espectacularidade da paisaxe actual é o resultado da man do home e dunha das técnicas de explotación máis utilizadas nas Médulas: a "ruina montium" coa que a auga destruía literalmente as montañas para atopar o preciado metal do ouro.
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela