IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  1 de Febreiro do 2017 - 137 visualizacións  
  "RUTAS LITERARIAS DO MUSEO DE LUGO"  
 
Os alumnos de 2º ESO do IES A PINGUELA,acompañados das profesoras de Lingua Galega Pilar Saavedra e Mª Luz Núñez, participaron na actividade ”Rutas Literarias do Museo de Lugo". Previamente tiveron que ler o libro Contos de Fantasmas no museo para poder contestar correctamente ás preguntas do caderniño que lles entregaron ó chegar. As respostas atópanas visitando e pescudando nas distintas salas do museo e tamén no libro de lectura.
Aproveitando a estadía en Lugo visitaron a Catedral, o casco antigo da cidade e percorreron un tramo do adarve da bimilenaria muralla romana.
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela