IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  15 de Decembro do 2017 - 62 visualizacións  
  MITOLOXÍA POPULAR E TRADICIÓN ORAL CON ANTONIO REIGOSA  
 
O escritor Antonio Reigosa estivo co alumnado de 1º ESO para falarlles da mitoloxía popular e da literatura galega de tradición oral.
Antonio colabora con numerosos traballos de divulgación relacionados coa historia, a arte, a etnografía, a mitoloxía popular e a literatura oral en diversos medios de comunicación e revistas especializadas. É o cofundador de Chaira e ten intervido en campañas de recollida de literatura oral en distintos concellos da provincia de Lugo.
Relator en numerosas xornadas e congresos, gústalle participar en campañas de promoción da lectura nos centros de ensino, bibliotecas e asociacións culturais.
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela