IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  24 de Xaneiro do 2018 - 61 visualizacións  
  CONFERENCIA: "RIESGOS DEL CONSUMO DE ALCOHOL"  
 
O catedrático de Psicobioloxía da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago don Fernando Cadaveira, coordinador do grupo de investigación de Neurociencia Cognitiva e Afectiva e un dos maiores científicos de España na área de investigación sobre consecuencias neurocognitivas do consumo intensivo de alcohol en fin de semana en mozos, visitou hoxe o IES A Pinguela para impartir ao alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato unha interesante conferencia que titulou "Riscos neurolóxicos do bringe drinking" na que alertou sobre os perigos do alcohol en cerebros en formación coma son os dos menores de idade. Deu conta das razóns que dan os mozos para explicar por que beben tanto e posteriormente incidiu no que a ciencia sabe dos efectos nocivos das substancias aditivas e en concreto do alcohol, que ademais é porta de entrada para outras. Falou dos danos inmediatos e a longo prazo sobre o cortex prefrontal (falta de atención, toma de decisións,...), sobre o hipocampo (aprendizaxe, memoria,..), efectos sobre as relacións cerebrais e da súa estrutura, etc., o que incide nas cualificacións académicas dos xóvenes, nas oportunidades de seguir a estudiar e de acceder a becas e polo tanto da dificultade de poder optar ás oportunidades dos adolescentes que non beben. Información esencial e impactante para alumnos e docentes.
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela