IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  3 de Marzo do 2018 - 58 visualizacións  
  NA LIGA DE DEBATE "PARLAMENTO XOVE"  
 
Un equipo do IES A Pinguela formado por 4 alumnos de 1º de Bacharelato Ciencias e Humanidades ven de participar esta fin de semana na competición de debate Parlamento Xove. Non conseguimos pasar á final, pero quedamos satisfeitos coa participación e ademáis aprendemos moito coa experiencia e pasámolo ben. O tema sobre o que tivemos que posicionarnos a favor e en contra foi "A educación ambiental nos centros educativos, ¿significaría evitar incendios como os acaecidos en outubro de 2017 en Galicia?". Ganamos un debate e perdemos outro defendendo que si e perdemos por medio punto (127- 127,5) defendendo que non. O equipo estivo formado por Pablo Otero Mondelo, Sara Jacobo Vázquez, Nicolas Moure López e por Sabrina Pérez López, elexida esta polos xurados como un dos mellores oradoras, igual que sucedera o ano pasado, desta edición do Parlamento Xove. Felicitámolos a todos polo traballo realizado, que seguro nos anima a facelo mellor en edicións vindeiras.
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela