IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  27 de Febreiro do 2018 - 37 visualizacións  
  CONFERENCIA: "LEONARDO. A REPRESENTACIÓN GRÁFICA DAS IDEAS"  
 
F. Javier López González, profesor de Expresión Gráfica da Enxeñaría na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC e coordinador de Lugo do Programa A Ponte, ven de impartir ó noso alumnado de 4º ESO con Debuxo e de Bacharelato con Debuxo Técnico unha amena e interesante conferencia que titulou "Leonardo. A representación gráfica das ideas" sobre o xenial renacentista na súa faceta de debuxante, pintor e enxeñeiro.
Leonardo da Vinci (Vinci, 15 de abril de 14522 -Amboise, 02 de maio de 1519) foi un polímata Florentino do renacemento italiano. Era pintor, anatomista, arquitecto, paleontólogo, artista, botánico, científico, escritor, escultor, filósofo, enxeñeiro, inventor, músico, poeta e urbanista. Moitas veces foi descrito como un arquetipo do home do Renacemento. Xenio universal ademais de filósofo humanista, Leonardo da Vinci é considerado un dos máis grandes pintores de todos os tempos e probablemente é a persoa con máis talento en distintas disciplinas que teña existido. Como enxeñeiro e inventor, Leonardo desenvolveuse moi por diante das ideas do seu tempo, como o helicóptero, tanque de guerra, o submarino e o automóbil. Como científico, Leonardo fixo progresar o coñecemento nas áreas de anatomía, enxeñaría civil, óptica e hidrodinámica.
A súa asociación histórica máis famosa é a pintura. Dúas das súas obras máis coñecidas, a Mona Lisa e A Última Cea foron copiadas e parodiadas, como o seu deseño do Home de Vitruvio.
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela