IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  21 de Febreiro do 2018 - 30 visualizacións  
  CONFERENCIA: "ARGUMENTACIÓN, LÓXICA E RETÓRICA"  
 
J. Miguel Sagüíllo Fernández-Vega, decano da Facultade de Filosofía e catedrático de Lóxica e Filosofía da Ciencia, ven de impartir ós alumnos de Bacharelato do IES A Pinguela con Filosofía unha interesante e práctica conferencia sobre "Argumentación, lóxica e retórica". O profesor Sagüíllo fixo fincapé en conceptos básicos da súa materia como a falsedade ou non de proposicións e como poder coñecer a verdade dunha hipótesis, e rematou con exemplos clásicos do método deductivo coma "o xeito de coñecer se na cidade de Nova York hai cando menos dúas persoas co mesmo número de pelos na cabeza", ou do método hiopotético deductivo coma "Alfredo é o barbeiro que afeita exactamente a todo barbeiro que non se afeita a si mesmo" para determinar que a hipótesis é falsa. Rematou cun repaso das falacias -falsas argumentacións- máis comúns na actualidade.
Agredecemos a colaboración do profesor na tarea de divulgar o pensamento racional e os coñecementos humanísticos entre o noso alumnado.
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela