IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  15 de Marzo do 2018 - 6 visualizacións  
  CONFERENCIA: "ANTROPOLOXÍA FORENSE"  
 
Fernando Serrulla Rech, responsable da Unidade de Antropoloxía Forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia radicado no Hospital de Verín, ven de impartir unha moi interesante conferencia que titulou “Antropología forense: La autopsia de los restos humanos” na que foi posible ver e estudiar restos humanos reais. O doctor Serrulla fixo un repaso exhaustivo das actuais técnicas da patoloxía forense e das ferramentas da súa profesión desde que se realiza o levantamento dos cadáveres ata que se chega a un posible xuízo. Durante a conferencia analizou restos reais de dous “veciños”, un adulto e un mozo duns 16 anos, atopados na serra do Caurel e que sufriron morte violenta. Nun caso hai centos de anos e no outro durante o período que vai entre a 3ª guerra carlista e a guerra civil española. Os nosos alumnos puideron atender tamén as explicacións do afamado forense sobre como distinguir lesións mortais e post-mortem e de como pequenas e case imperceptibles mostras poden ser fundamentais para acreditar xudicialmente un homicidio. O IES A Pinguela agradece a Fernando Serrulla a súa dispoñibilidade e a amabilidade que nos demostrou que souperon agradecer os nosos alumnos de Bacharelato.
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela