IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  15 de Marzo do 2018 - 6 visualizacións  
  "FINANZAS PARA MORTAIS"  
 
Juanjo Fernández Álvarez, director da oficina do Banco de Santander de Monforte de Lemos, foi o responsable de impartir hoxe a primeira parte dun taller de educación financeira ó noso alumnado de 4º ESO que forma parte do programa “Finanzas para Mortais” co obxectivo de impartir formación económica, finanzas e emprendemento ó alumnado de ESO. Rematará a próxima semana cos dous módulos pendentes. O programa "Finanzas para Mortais" está enmarcado dentro do Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación da Universidade de Cantabria para o estudo e a investigación do sector financeiro (UCEIF) e o Banco Santander S.A. para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende.
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela