IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  9 de Abril do 2018 - 46 visualizacións  
  CONFERENCIA: "CONTAMINANTES EMERXENTES NO ÁMBITO DOMÉSTICO"  
 
Carmen García Jares, profesora do Departamento de Química analítica, Nutrición e Bromatoloxía da Universidade de Santiago, ven de impartir ó noso alumnado de 1º Bacharelato Ciencias unha interesante conferencia que titulou "Contaminantes emerxentes no ambiente doméstico" e no que alertou da enorme cantidade de compostos perigosos para a saúde que se atopan no interior das nosas casas, fábricas, coches,... e en xeral no noso entorno vital. Moi útil para os alumnos con Química e para todos os que lles preocupa vivir nun ambiente saúdable. Con esta conferencia damos remate ós actos do Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a Universidade deste curso.
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela