IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  9 de Maio do 2018 - 20 visualizacións  
  VISITA A PORTO (PORTUGAL)  
 
Alumnado de 3º e 4º ESO visitaron Porto os días 8 e 9 de maio co Proxecto Terra. O martes coñeceron a Fundación Serralves, a institución cultural máis destacada de Porto e un dos museos de arte contemporánea máis importantes de Portugal, obra do arquitecto Álvaro Siza, onde realizaron un recorrido didáctico guiado pola obra artística de Álvaro Lapa, polos seus xardíns que completan un parque de estilo romántico e pola edificio modernista que alberga situado na antiga quinta do conde de Vizela, considerada como un exemplar único da arquitectura "Art Déco". Pola tarde, puideron recorrer a pé a fermosa cidade de Porto e coñecer os seus lugares e recantos máis emblemáticos. Xa en Vila Nova de Gaia, despois de cruzar o Douro pola emblemática ponte de ferro Don Luís I, partiron a descansar a Espinho para o mércores poder coñecer o Metro do Porto, innovador sistema de transporte público, no que se dirixiron á Casa da Música, sala de concertos deseñada polo arquitecto holandés Rem Koolhaas creada con motivo da Capital Europea da Cultura de 2001 en Porto, onde realizaron una visita guiada polas súas salas. De volta, aproveitaron para coñecer a fortaleza de Valença do Miño antes de dar por rematada tan interesante viaxe polo país veciño, no que ademais o pasaron moi ben.

O Proxecto Terra está organizado polo Colexio de Arquitectos de Galicia para fomentar o coñecemento do alumnado de ESO da arquitectura popular e da identidade territorial e forma parte do noso Plan Proxecta.
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela