IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  26 de Abril do 2018 - 31 visualizacións  
  INTERCAMBIO CO LYCÉE ÉDOUARD BRANLY DE CHÂTELLERAULT (FRANCIA)  
 
Hoxe comenza a visita a Galicia que os alumnos do Lycée Édouard Branly de Châtellerault están a realizar como segunda parte do intercambio co IES A Pinguela e o IES Río Cabe. Os 15 alumnos franceses correspondentes dos nosos alumnos e o seu profesor visitaron hoxe o noso centro e quixeron inmortalizar o día cunha foto de grupo, acompañados pola nosa profesora de Francés. Posteriormente, recorrerán a cidade e subirán a Torre da Homenaxe e farán un paseo en catamarán polos canóns do Sil. Bienvenue a Monforte de Lemos!
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela